domingo, 9 de noviembre de 2014

O pasado mércores tivemos a visita da madriña de Uxía coa que disfrutamos maquillándonos
Moitas grazas Andrea.
En colaboración coas familias, fixemos a actividade da cesta viaxeira que resultou moi motivadora para os nenos e nenas que, cada día, esperaban con gran curiosidade a froita que achegaba un deles á escola. Moitas grazas, pais, nais, avós e avoas, pola vosa participación!!!!

sábado, 25 de octubre de 2014

OBRADOIRO DE COCIÑA

O venres pasado, contamos coa colaboración de Sandra, a mamá de Saray, e a súa avoa Maruja (antiga alumna da escola de Barro), que viñeron a cociñar con nós unha receita de outono:
 Boliños de noces e pasas. Que bos estaban!!!

QUEN SON?


sábado, 18 de octubre de 2014

O pasado luns, fixemos una saída ao Río da Pedra, un entorno natural moi fermoso que os nenos e nenas teñen que aprender a valorar e respetar e onde disfrutaron xogando e recollendo todo tipo de materiais: follas, piñas, landras, cocas, pedras… que logo levamos á aula e cos que fixemos una morea de actividades ao longo da semana.

domingo, 28 de septiembre de 2014

Esta semana festexamos na escola o aniversario de MÍAque cumpriu 3 anos.




Moitas felicidades e moitos bicos de todos os teus compañeiros e compañeiras.