jueves, 22 de noviembre de 2012

GRACIAS DE TODO CORAZÓN

Mil gracias, a todos e cada un de vós, por arranxar o noso cole: gracias polo suelo, agora ya non trememos co frío e podemos facer as "croquetas" e relaxarnos tranquilamente; gracias por librarnos desa terra negra que nos enchía os narices coma se entivésemos na mina, agora pasámolo en grande enchendo camións de area coas pas; e gracias por coidarnos a horta os nosos pementos volo agradecerán tamén....GRACIAS MAMIS E PAPIS POR ESTAR AHÍ SEMPRE QUE VOS NECESITAMOS!!!
E gracias tamén  Papa Noel por ser tan despistado, porque o outro día pasou por Barro a ver como nos estabamos a portar e caeulle un saco cheo de xoguetes: un camión, unha grúa....que sorpresa levamos!!!!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

PASÁMOLO DE MEDO

Para celebrar o Samaín invitamos @s nen@s da escola de Vilachán a pasar un día terrorífico con nós. Empezamos a mañá calentando motores co baile dos esqueletos..."cuando el reloj, marca la una, los esqueletos salen de su tumba...tumbas por aquí, tumbas por allá, tumba tumba JA JA JA JA JA..." Despois contáronnos o conto do "Horrible Monstruo verde" e fixemos a careta para asustar os papis e mamis na casa...Que susto levaron!!! E para merendar sabedes que tomamos?? Non o ides crer....comemos arañas, pantasmas...e bebemos sangue!!! Mais tarde vimos a peli "El susto de Donald", tamén tivemos visitas sorpresa....a verdade...PASÁMOLO DE MEDO!!!

NÓS TAMÉN VENDIMIAMOS!!!

Como moitos de nós axudamos na casa coa vendimia, queriamos compratilo con todos os compañeiros e decidimos facer a nosa "PARTICULAR VENDIMIA". Para isto buscamos información na casa coa vosa axuda, na internete, vimos un vídeo de como se fai o viño, falamos na clase do proceso, ordenamos a secuencia de elaboración, fixemos un racimo enrugando papeis, fixemos bonecos con corchos das botellas de viño....e para rematar fixemos mosto esmagando as uvas cos pés....que ben o pasamos!!!....e sabedes unha cousa??? o mosto estaba boísimo...e iso que pensabamos que non nos ía gustar!!!

PRIMEIRA SESIÓN DE CREARTE

Como sabedes, xa asistimos á primeira sesión de CREARTE, fomos c@s nen@s de Taborda e pasámolo fenomenal: voamos en alfombra máxica, fixemos un atrapasonos, coñecimos a Don Quixote e o seu amigo barrigón Sancho Panza, vimos Os Tres Porquiños e fixemos a dramatización, bailamos, xogamos...e queremos compratilo con todos vos!!!

martes, 6 de noviembre de 2012

MAGOSTO

Para celebrar o Magosto como se merece, fomos a San Campio e pasámolo en grande: xogamos á Rá, ao paracaídas, ao escondite inglés, á zapatilla por detrás, ao limbo, á corda, bailamos....e para rematar a festa tivemos merendola, por suposto non faltaron as castañas...mmmmmmmm....que rico estaba todo, puxémonos as botas!!!!!

sábado, 3 de noviembre de 2012

CHEGOU O OUTONO A BARRO

Coa chegada do outono o noso patio encheuse de follas secas, castañas, ourizos, landras...así que puxémonos mans á obra para facer o noso mural. Mirade como traballamos!!!!