miércoles, 27 de febrero de 2013

FALAMOS COAS MANS

Como sabedes estamos a traballar na aula a lingua de signos: os dias da semana, os meses do ano, as cores, os animais, cancións...e o abecedario, que aprendemos co noso amigo o Oso Traposo, aquí vos deixamos unha mostra, non é a nosa mellor actuación pero xa sabedes....son cousas do directo!!!!

VISITA AO VIVEIRO

Fomos de visita a un viveiro e aprendimos moitisimas cousas e pasámolo moi ben....ademais nos regalaron unha planta a cada un para coidar: tivemos que plantala, regala e facerlle o noso cartel!!!!
 Esperamos que nos dure moito tempo!!!

jueves, 21 de febrero de 2013

CUMPLE DE JULIA

Celebramos o quinto cumpleanos de Julia e viñeron os seus papis e o seu irmán Pablo a merendar con nós!!! Moitas gracias mami por esa tarta tan rica...e moitísimas felicidades Julia...e que cumplas moitos máis!!!

miércoles, 20 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da PAZ convidamos os nenos e nenas de Vilachán e Seixo 3 a pasar a mañá connosco. O pasamos en grande bailando e cantando, facendo Pombas, pintando mandalas da Paz, e facendo o mural da Pomba Recicladora.....sabedes quen é? pois a encargada de recoller o lixo que algúns despistados tiran o mar!!!! Mirade mirade....
Moitas grazas nenos e nenas de Seixo 3 e Vilachán por compartir con nós este día, e tamén grazas ás profes Iria e Tania....esperamos que volvades pronto!!!

3ª SESIÓN DE CREARTE

Nesta sesión de CREARTE preparámonos para o Entroido. Inventamos a letra da nosa canción para o festival, fixemos gorros de cartón, creamos unha trompeta con material de refugallo,e elaboramos os complementos do MECO: un gorro, un zurrón e pulseiras e collares.