jueves, 11 de abril de 2013

CHEGOU A PRIMAVERA A BARRO

Xa que estamos en primavera, e como non da vido o tempo desta época, en Barro decidimos facer un collage para pór un pouco de cor nas nosas vidas e comezar a ulir esta floral estación!!!

miércoles, 10 de abril de 2013

DÍA DO PAI

Comezamos este día tan especial falando dos nosos papis, de como son,dos seus nomes, do que lles gusta facer, do que nos gusta facer con eles....e como non lles fixemos un agasalliño para recordarlles o moito que os queremos e o importantes que son para nós!!! MOITAS FELICIDADES!!!

lunes, 8 de abril de 2013

MONTE DE ESTÁS

O pasado venres 5 de abril fomos de excursión ao Monte de Estás, alí poidemos ver a natureza en estado puro e disfrutar dela. Con axuda do Señor Manuel prantamos dous castiñeiros e un carballo aos que lles puxemos os nomes de Fernando Alonso, Mario Bros e Cenicienta.
Merendamos ao aire libre e bebemos auga da Fonte do Poderoso....estaba boísima!!!!!
Foi un día que non esqueceremos nunca... por iso debemos coidar a natureza...non deixemos que se perda o noso bien máis preciado!!

INDIANA BILL

Como sabedes, o último día antes das vacacións de Semana Santa fomos de excursión a Indiana Bill e mirade que ben o pasamos!!!

CUMPLE MARIO

Este mes de abril cumpriu anos Mario e viñeron os seus papis Divina e Jose a celebralo con nós....moitas gracias por ese bizcocho de chocolate, estaba boísimo!!!!!
Moitisimas felicidades e que cumplas moitos máis Mario!!!!

CUMPLE DE PEDRO

No mes de marzo cumpriu anos Pedro e a súa mami Ana veu a celebralo con nós....moitas gracias por esa tarta de Spiderman tan rica!!!! Moitísimas felicidades Pedriño e que cumplas moitos máis!!!!