miércoles, 18 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS

Aquí vos deixamos a nosa pequena e particular felicitación, agardamos que vos guste. 
Sentimos moitísimo non aparecer todos no vídeo, pero interpúxosenos un virus no camiño!!!
Que teñades felices festas e que veña un novo ano cargado de sorrisos e ilusións!!!
BO NADAL

lunes, 9 de diciembre de 2013

OUTONO EN BARRO

Coa chegada do outono entráronnos unhas ganas inmensas de explorar o noso patio, así que collimos lupas, prismáticos e botes e puxémonos a buscar!!!

BAILAS?

Para combatir este frío....que mellor que unha sesión de baile e comezar o día con enerxía!!!


TEMPO DE NADAL

O Nadal está a piques de comezar e en Barro puxémonos mans á obra...

Sensacións!

Este trimestre estivemos aprendendo e investigando cousas sobre o noso corpo, aquí vos deixamos unha pequena mostra dunha das experiencias que fixemos!!

EXCURSIÓN AO IFEVI

Este ano tivemos a sorte de poder desfrutar dunha experiencia inolvidable no IFEVI, unha exposición de dinosaurios, onde aprendimos un montón de cousas e o pasamos fenomenal!!!

TODOS XUNTOS NO RÍO

Como máis vale tarde que nunca...aquí vos deixamos unha foto de grupo para presentarnos. De esquerda a deireita, DIEGO, VÍCTOR, KEVIN, ADRIÁN, IKER,JULIA, NOEMÍ, AARÓN, PEDRO, NAYARA, TEO, CRISTIAN E MARTÍN.


jueves, 7 de noviembre de 2013

TEMPO DE MEDOS, CABAZAS, MONSTROS E BRUXAS

Como sabedes hai uns día que foi o Samaín, e na escola de Barro estivemos preparándonos para a súa chegada!!!


jueves, 17 de octubre de 2013

MOITÍSIMAS GRAZAS DIEGO!!!

Hoxe veu Diego, o papi de Teo, para ensinarnos o seu camión...e sabedes que??? Subimos enriba del, manexamos o volante, vimos como baixaba a cabina para poder ver o motor, tocamos a bocina, sopramos coa pistola de aire.....encantounos, pasámolo en grande!!!! Moitísimas grazas Diego por facernos tan felices!!!
Xa sabedes papis e mamis, animádevos a compartir algo con nós, que todos temos cousas que ensinar, e somos moi agradecidos ;)))
E estas foron algunhas das nosas impresións:



SAÍDA A GOIÁN: PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ

Fai uns días que fomos a Goián, a ver unha exposición dalgúns dos cadroS do pintor goianés Antonio Fernández. 
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que os fagades unha lixeira idea do ben que o pasamos!!! ;)

COMEZO DO CURSO 2013-2014

Ola a todos e todas!!! Este ano como os anteriores iremos subindo algunhas das cousas que vamos facendo para compartilas con todos vós.
Aínda non temos foto de grupo onde aparezamos todos, pero prometemos subila en canto a fagamos, para así presentarnos e que nos coñezades todos!!!
Para ir abrindo boca os deixamos unha montaxe das fotos dos primeiros días, onde xogamos, bailamos, fixemos os carteis para os caixóns, percheiros...fabricamos os nosos mantéis para as merendas, fixemos o panel para as asambleas....e moitas cousas máis, mirade mirade!!!

jueves, 5 de septiembre de 2013

CUMPLES VERÁN

Como máis vale tarde que nunca, e antes de comezar co novo curso, aquí vos deixamos os cumples de Aarón, Noemí, Kevin, Iker, Antía e Martín. Moitisimas felicidades chicos!!!!
Como vedes a última semana de clase puxémonos ás botas con tanta festa!!!
Como sempre moitas grazas as familias por compartilo con nós e traernos eses doces tan ricos!!!!


martes, 11 de junio de 2013

CUMPLE DE ADRI

O pasado 16 de maio foi o quinto cumpreanos de Adrián, e para celebralo viñeron os seus papis o cole a celebralo con todos...e por suposto non podía faltar a tarta...mmmmmmm que pinta!!!
Felices cinco anos Adrián!!! Moitos biquiños

jueves, 9 de mayo de 2013

DÍA DA NAI

Aínda que todos os días do ano temos motivos para dicirlle as nosas mamis o que as queremos e o importantes que son para nós, como marca a tradición non queriamos pasar por alto este día tan especial.
 FELICIDADES MAMIS E GRACIAS POR SER AS MELLORES MAMIS DO MUNDO MUNDIAL!!!!


DÍA DO LIBRO

Como todos os anos o 23 de abril é o Día do Libro e que mellor maneira de  celebralo que poñéndonos na pel dos escritores e ilustradores!!!!


CUMPLE DA PROFE

Foi o cumple da profe e para celebralo puxémonos mans á obra e fixemoslle unha tarta...que por certo saíunos boísima....mirade que pinta!!!!!
Moitas felicidades profe e que cumpras moitos máis!!!!!

jueves, 11 de abril de 2013

CHEGOU A PRIMAVERA A BARRO

Xa que estamos en primavera, e como non da vido o tempo desta época, en Barro decidimos facer un collage para pór un pouco de cor nas nosas vidas e comezar a ulir esta floral estación!!!

miércoles, 10 de abril de 2013

DÍA DO PAI

Comezamos este día tan especial falando dos nosos papis, de como son,dos seus nomes, do que lles gusta facer, do que nos gusta facer con eles....e como non lles fixemos un agasalliño para recordarlles o moito que os queremos e o importantes que son para nós!!! MOITAS FELICIDADES!!!

lunes, 8 de abril de 2013

MONTE DE ESTÁS

O pasado venres 5 de abril fomos de excursión ao Monte de Estás, alí poidemos ver a natureza en estado puro e disfrutar dela. Con axuda do Señor Manuel prantamos dous castiñeiros e un carballo aos que lles puxemos os nomes de Fernando Alonso, Mario Bros e Cenicienta.
Merendamos ao aire libre e bebemos auga da Fonte do Poderoso....estaba boísima!!!!!
Foi un día que non esqueceremos nunca... por iso debemos coidar a natureza...non deixemos que se perda o noso bien máis preciado!!

INDIANA BILL

Como sabedes, o último día antes das vacacións de Semana Santa fomos de excursión a Indiana Bill e mirade que ben o pasamos!!!

CUMPLE MARIO

Este mes de abril cumpriu anos Mario e viñeron os seus papis Divina e Jose a celebralo con nós....moitas gracias por ese bizcocho de chocolate, estaba boísimo!!!!!
Moitisimas felicidades e que cumplas moitos máis Mario!!!!

CUMPLE DE PEDRO

No mes de marzo cumpriu anos Pedro e a súa mami Ana veu a celebralo con nós....moitas gracias por esa tarta de Spiderman tan rica!!!! Moitísimas felicidades Pedriño e que cumplas moitos máis!!!!

miércoles, 20 de marzo de 2013

A AUGA

Como sabedes este trimestre estamos a traballar a auga: investigamos, experimentamos, pintamos, nos mollamos....os deixamos un vídeo con algunhas das cousas q fixemos, esperamos que vos guste!!!!

miércoles, 27 de febrero de 2013

FALAMOS COAS MANS

Como sabedes estamos a traballar na aula a lingua de signos: os dias da semana, os meses do ano, as cores, os animais, cancións...e o abecedario, que aprendemos co noso amigo o Oso Traposo, aquí vos deixamos unha mostra, non é a nosa mellor actuación pero xa sabedes....son cousas do directo!!!!

VISITA AO VIVEIRO

Fomos de visita a un viveiro e aprendimos moitisimas cousas e pasámolo moi ben....ademais nos regalaron unha planta a cada un para coidar: tivemos que plantala, regala e facerlle o noso cartel!!!!
 Esperamos que nos dure moito tempo!!!

jueves, 21 de febrero de 2013

CUMPLE DE JULIA

Celebramos o quinto cumpleanos de Julia e viñeron os seus papis e o seu irmán Pablo a merendar con nós!!! Moitas gracias mami por esa tarta tan rica...e moitísimas felicidades Julia...e que cumplas moitos máis!!!

miércoles, 20 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da PAZ convidamos os nenos e nenas de Vilachán e Seixo 3 a pasar a mañá connosco. O pasamos en grande bailando e cantando, facendo Pombas, pintando mandalas da Paz, e facendo o mural da Pomba Recicladora.....sabedes quen é? pois a encargada de recoller o lixo que algúns despistados tiran o mar!!!! Mirade mirade....
Moitas grazas nenos e nenas de Seixo 3 e Vilachán por compartir con nós este día, e tamén grazas ás profes Iria e Tania....esperamos que volvades pronto!!!

3ª SESIÓN DE CREARTE

Nesta sesión de CREARTE preparámonos para o Entroido. Inventamos a letra da nosa canción para o festival, fixemos gorros de cartón, creamos unha trompeta con material de refugallo,e elaboramos os complementos do MECO: un gorro, un zurrón e pulseiras e collares.

miércoles, 23 de enero de 2013

CREAMOS MANDALAS

Aquí vos deixamos un vídeo de como fixemos mandalas con servilletas....mirade que creativos somos e que ben nos quedaron!!!!

MELCHOR, GASPAR E BALTASAR

Non o ides crer.....sabedes quenes pasaron por Barro este Nadal??? Pois viñeron os Reyes....si si, OS REYES MAGOS DE ORIENTE!!!! E como fomos moi bos deixáronnos uns regaliños....canto nos gustaron!!!!
Moitas gracias Melchor, Gaspar e Baltasar, e perdonádenos por no deixarvos algo de comer, non contabamos con vós, para o ano seremos máis previsores!!!!

martes, 22 de enero de 2013

MÁIS NADAL

A GRAN ACTUACIÓN



A FESTA EN VILACHÁN


O NADAL DE BARRO

Para celebrar o Nadal preparamos un baile coa canción "La máquina de escribir" e pedimos os nosos desexos para o ano novo!!!! Para isto vestímonos de anxiños e tivemos que traballar moito para facernos as alas....buffff....que traballo nos deron!!!! Aquí vos deixamos algunhas fotos da confección do disfraz  e do festival, un vídeo dun desexo da escola de Barro para o ano novo,un vídeo dun dos ensaios....e por suposto o video da gran actuación....que nervios pasamos, pero mereceu a pena porque o pasamos genial e portámonos super ben....xa somos uns chicos maiores!!!!


miércoles, 16 de enero de 2013

2ª SESIÓN DE CREARTE

Na segunda sesión de Crearte fomos cos nenos e nenas do Seixo 2 e pasámolo de marabilla: Dramatizamos o conto da Paxariña de papel, bailamos ao son do vento, e fixemos un molino e unha cometa para decorar o escenario do auditorio de Goián, para o noso festival de Nadal!!!! Mirade, mirade...
 

CUMPLES DE DECEMBRO!!!!

Moitísimas felicidades a Yago e a Uxía e gracias por compartir con todos nós un momento tan especial...e gracias por eses biscoitos tan ricos que nos trouxéchedes...estaban boísimos!!!
Vos desexamos que sexades moi felices e que cumprades moitos máis.....moitos bicos cumpreañeiros!!!!!


E volvemos dar a grazas os papis e mamis pola escola tan chula e ben pintadiña que nos deixaron.....as cores alégrannos a vida!!!
Mil grazas de corazón!!!!