viernes, 16 de diciembre de 2016

Linguaxe de signos (canción de navidad).

GRAZAS DE CORAZÓN PROFE CAROLINA CANTO APRENDEMOS CONTIGO A LINGUAXE DE SIGNOS.

jueves, 15 de diciembre de 2016

O CUMPLE DE NEIVA E A ELABORACIÓN DO GRILO

Parabéns Neiva todo estaba moi bo. Tamén grazas a Mía polas súas ideas para confeccionar o grilo.
Grazas de Corazón. Guapas.

lunes, 5 de diciembre de 2016

Seixo3- Barro en crearte.


Grazas a todos os nenos/as e profes nesta convivencia tan fermosa.Canto aprendimos. Foi unha experiencia maravillosa.
 

Taller de costura

Grazas de corazón a avoa de Andrés e a mamá de Dora por participar no taller de costura. Os nenos e nenas e as profes aprendimos motísimo cómo facer gorros e pompóns que vamos a levar o día da festa de nadal.

domingo, 27 de noviembre de 2016


A mascota Iris da biblioteca do CRA Mestre Manuel Garcés deixounos unha píntega e tivemos que escribir e dibuxar cómo se reproducen as píntegas. Encantounos cantas cousas aprendimos dos anfibios.


FELICIDADES CARLA. TE QUEREMOS GUAPÍSIMA.

domingo, 13 de noviembre de 2016

reciclaxe en Vilameán.

Os nenos e nenas de Barro fumos a Vilameán xa que nos viñeron do Concello a falar do reciclaxe.

Primeiro fixemos unha mandala sobre o reciclaxe e falamos da importancia de coidar o noso planeta.

A continuación fixemos ioga cantas cousas aprendimos,xogamos e merendamos e tivemos o cumple dunha nena de Vilameán que nos trouxo un bizcoito moi ricooooo...

Aprendimos moitísimo sobre o reciclaxe e fixemos bichos coa reciclaxe con papel de periódico arañas, e coas tapas xoaniñas,...
Grazas de corazón.



sábado, 15 de octubre de 2016

A plantación de diferentes plantas.

GRAZAS DE CORAZÓN A FAMILIA DE UXÍA E  A AVOA QUE NOS TRASMITIU MOITÍSIMA INFORMACIÓN SOBRE AS PLANTAS (aloevera, bulbos de estrela de belén, brezo, azalea,...)
TAMÉN NOS FALOU DOS BECHOS QUE ATACAN AS PLANTAS XA QUE ESTE ANO TRABALLAMOS O PROXECTO DOS BECHOS.
GRAZAS POLA TÚA SABIDURÍA.


viernes, 7 de octubre de 2016

Nacimiento de Xavier

O irmán de Sabela e moi fermoso. Todos os nenos e nenas tiñamos moitísimas ganas de velo porque sentímolo dentro da barriga da mamá de Sabela. Pintamos a súa barriga e por fin vimos a Xavier e Sabela a súa irmá nos contou un conto de cómo nacen os bebés, nos enseñou fotos no móvil de cando estivo a mamá  no hospital e  de Xavier de todo o que lle fixeron.
Despois collimos e acariciamos a Xavier e preguntamos un montón de preguntas a mamá de Sabela.
GRAZAS POLA VOSA DEDICACIÓN.


SAÍDA: BIBLIOTECA DO CRA E O MERCADO DE TOMIÑO( Barro-Seixo2)

Os nenos e nenas de Barro e de Seixo o pasamos xenial xa que convivimos todos e fumos a biblioteca do Cra Mestre Manuel Garcés e a profe Rebeca contounos como funciona a biblioteca, como podemos levar libros,cds,...para casa presentando o noso carnét.
Ademáis cantounos moitísimas cancións e bailamos coas profes: Marga, Maribel, Lorena.
Na biblioteca a profe Rebeca contounos un contacontos moi fermoso cheo de amor.
Merendamos todos xuntos.
Despois xogamos no recreo e fumos o Mercado de Tomiño e a xente que vendia os seus productos era maravillosa porque nos daban froita, pinturas, globos,...
GRAZAS A TODOS DE CORAZÓN.

martes, 27 de septiembre de 2016

CUMPLEANOS DORA E DE MÍA

Felicidades guapìsimas e grazas as familias por os postres tan ricos. Os nenos e nenas de Barro o pasaron xenial.


BENVIDOS NENOS E NENAS

BENVIDOS OS NENOS E NENAS DE BARRO E A TODOS OS PROFES DONDE POMOS EN MARCHA UN ANO CHEO DE LEDICIA E DE AMOR. NESTE ANO ESCOLAR A ESCOLA CONVIRTESE NUN CIRCO CHEO DE AVENTURAS DONDE VAMOS A TRABALLAR O PROXECTO DOS BICHOS E ADEMÁIS PSICOMOTRICIDADE, MÚSICA, CONTOS, RELIXIÓN, INGLES,...

sábado, 25 de junio de 2016

martes, 21 de junio de 2016

O CUMPLE DE SARAY

O día 22 de xuño está de cumple Saray e celebrámolo o día 21 no cole de Barro o pasamos xenial xa que lle fixemos a coroa, dibuxos e xogamos con globos de auga.

Foi un día fantástico

 Parabéns guapísima.







lunes, 20 de junio de 2016

FESTA DE VERÁN NO RÍO DA PEDRA

DE PARTE DA MIÑA FILLA Y DE PARTE MIÑA MOITAS GRAZAS DE CORAZÓN POR

TODO O VOSO CARIÑO.



HA SIDO UN DÍA FERMOSO DONDE PINTAMOS A BARRIGA DO IRMÁN DE SABELA E O VIMOS  EN 4D QUE VEN Á VIDA CHEO DE LEDICIA E DE AMOR DE TODOS OS NENOS E NENAS DE BARRO.

COÑECIMOS A  ADRIÁN QUE É PRECIOSO.

ENTREGAMOS OS DIPLOMAS OS NENOS E NENAS DE CINCO, A ORLA E AGASALLOS PARA OSNENOS E NENAS DE BARRO.

COMIMOS NO RÍO DA PEDRA,BAILAMOS O RAP DA AMISTAD, XOGAMOS A XOGOS POPULARES GRANDES E PEQUENOS.

XOGAMOS CÓS POMPEROS,TAMÉN CON BARCOS,..

BICOS DE SOLCITO

viernes, 17 de junio de 2016

O CUMPLEANOS DE CRISTIAN

O cumple de Cristian é o dia 20 de Xulio e xa estamos de vacacións de verán e celebrámolo hoxe día 17 de xuño, venres. 



Neste día montamos na aula unha piscina xigante e mollámonos foi moi divertido e ademáis tivemos a visita de Alicia a irmá de Antia que nos contou un conto moi fermoso titulado pinocho e os nenos e nenas de Barro lle cantamos a canción de pinocho.



Que ven o pasamos todos xuntos celebrando o cumple de Cristian. 

Moitas felicidades guapo.



martes, 14 de junio de 2016

PINTAMOS O XIMNASIO.

Os nenos e nenas de Barro xunto coas súas familias( pais, nais avoas, irmás,...) e a filla da profe Maribel que é licenciada en Belas Artes co Master en  ilustración que se chama Miriam nos axudou moitísimo. Ela fixo diversos dibuxos pero sobre todo nós con ela  fixemos os dibuxos da Patrulla Canina.  Este ano traballamos o proxecto dos cans e que mellor que rematar pintando o noso protagonista que máis nos gusta nas paredes do ximnasio.
Ademáis  pintamos xogos populares para xogar no recreo.

Tamén agradecer tanto Eu como a Dirección a todo o persoal e a Alcaldesa do  Concello de Tomiño que nos axudaron a montar o ximnasio e a pintar os teitos, as paredes, pór no chan tarima...

Grazas de corazón a todos os participantes grandes e pequenos.

miércoles, 8 de junio de 2016

O parque de Vilanova de Cerveira

Os nenos e nenas de Barro e os profes o pasamos xenial no parque acuático de Vila  Nova de Cerveira. Tivemos un día maravilloso cheo de amigos de todo o Cra Mestre Manuel Garcés. Bicos de Verán.


martes, 31 de mayo de 2016

O CUMPLE DE SABELA

O día 30 de maio celebramos o cumple de Sabela lle fixemos moitísimos dibuxos con moito cariño e ademáis nos trouxo unha tarta e pasteis moi ricos. Despois coa profe Mirta fixemos a bolsa coa forma de can donde vamos a levar os nosos traballos que fixemos durante o curso.
Que ben o pasamos no cumple de Sabela disfrutamos moitísimoooo.....
FELICIDADES GUAPA.

AS AVENTURAS DE PAIO

No auditorio de Goián o pasamos xenial coa obra de teatro AS AVENTURAS DE PAIO donde nos contaron a historia de paio e se acompañaba de música. 

Grazas o concello de Tomiño que nos invitaron a ver esta obra tan fermosa e ademáis os nenos e maiores disfrutamos moito.

sábado, 21 de mayo de 2016

O CUMPLEANOS DE TEO (19 maio).



Felicidadades guapísimo de parte de todos os nenos e nenas de Barro e dos profes.

sábado, 14 de mayo de 2016

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS-2016 (Manuel María).

 Grazas de corazón a Ahorita coa súa voz, Nemesio coa armónica, a Pepe o do acordeón e os nenos/as que son todos unhos auténticos artistas.

Tamén a todas as familias pola vosa dedicación neste día tan especial dedicado este ano Manuel María que escribiu unhos poemas preciosísimos dedicados os animais, a natureza,...


POEMAS DE MANUEL MARÍA EN BARRO-VILACHÁN.

Tanto en Barro como en Vilachán fixemos poemas de Manuel María sobre animais como por exemplo o cervo, o can, o año basados nos poemas de soños na gaiola. Ademáis fixemos o cartel das letras galegas do ano 2016 para o escenario da casa da cultura.
 O último día que fumos os nenos/as de Barro a Vilachán estivemos na biblioteca de Vilachán e gustounos moitísimo xa que houbo contacontos.
Tamén xogamos no ximnasio coa profe Angeles de Vilachán e cantamos, bailamos incluídas as profes.
Grazas a  todos por vosa dedicación os que cantan, tocan, e os da biblioteca de Vilachán .

miércoles, 4 de mayo de 2016

A HORTA

Grazas de corazón a todas as familias e nenos/as que participaron  en plantar patatas, leitugas,puerros,cenorias,tomates, fresas, perexel,...Ademáis facia moitísima calor pola tarde e non teño palabras para agradecer a vosa dedicación e tamén ese bizcoito de Sabela que estaba boisimoooo. 



martes, 26 de abril de 2016

Saída en tren desde Tui-Vigo

Hoxe día 26 de Abril fomos en tren a Vigo para ver unha obra de teatro de Máma cabra que trataba sobre a primavera. Primeiro fomos en autobús e despois en tren desde Tui a Vigo.



O chegar a estación de Vigo montamos en outro autobús que nos levou a Alameda de Vigo e merendamos e xogamos quedaba moi preto do Teatro de García Borbón.



No teatro fo moi bonito porque estaba cheo de nenos do Cra e de outros coles. Gustounos moitísimo a obra sobre a primavera porque cantabamos, moviamos as mans,...



Foi moi bonito convivir todos xuntos grandes e pequenos.



sábado, 23 de abril de 2016

BARRO-VILACHÁN

En Barro y en Vilachán facemos varios  encontros para ensaiar a canción da Carolina xa que no día das letas galegas vamos a cantar y bailar os nenos/as de Barro y Vilachán.

Contamos con grandes artístas como Pepe o do Acordeón, Nemesio o da Armónica ( avó de Teo-Barro) e Ahorita (Vilachán) que ten unha voz especial que canta maravillosamente ben.

GRAZAS DE CORAZÓN POLA VOSA DEDICACIÓN SODES ESTUPENDOS .
SI,SI,SI ESTÁ ESTUPENDO.

O DÍA DO LIBRO (23 ABRIL).

sábado, 16 de abril de 2016

Visita de Figueiro a Barro.

Foi maravilloso convivir cós nenos e nenas de Figueiro xa que xogamos xuntos, contamos contos, dibuxamos, bailamos, merendamos,...

Ademáis nos agasallaron con gusanos de seda que nos encantan xa que son seres vivos que temos que coidar deles e ser responsables para darlles de comer, cambialos cando esten sucios,...

Nós tamén lles regalamos unha planta que é outro ser vivo donde tamén teñen que coidala.

Grazas de corazón por vir a nosa aula sodes estupendos.

lunes, 11 de abril de 2016

VISITA A FORCADELA.

Hoxe día 11 de abril estivemos en Forcadela e o pasamos xenial xa que nos trataron de maravilla.
Gustounos moitísimo o seu cole, o seu  proxecto dos cabalos, o seu patio,...

Os nenos/as e a profe Maribel de Barro lle regalamos unha planta medicinal que se chama Aloe Vera  a profe Tere e os nenos/as de Forcadela .

Hoxe estivo de cumpleanos a profe Mirta e foi todo unha festa xa que contamos contos, cantamos,...

Os nenos e nenas e as profes de Barro e Forcadela lle regalamos un conto que fala do amor sobre cómo nos queremos todas as persoas ainda que somos diferentes cada un ten un encanto especial. Tamén unha tarxeta cun corazón donde firmamos todos os nenos e nenas.

Te queremos profe Mirta.
FELICIDADES GUAPA.

sábado, 9 de abril de 2016

TALLER DE COSTURA

Moitísimas grazas de corazón a todas as familias pola vosa dedicación na confección de faldas e chalecos para que os nenos e nenas de Vilachán e Barro poidan ir moi guapos o día do festival das letras galegas.

Darlle as grazas especialmente a avoa de Andrés e Vera xa que é unha modista espectacular nas súas mans ten maxia.

viernes, 8 de abril de 2016

HÌPICA

Foi un día moi especial estar en contacto cos animais xa que é unha terapia moi boa para os nenos/as e adultos e xa que estamos traballando o proxecto dos animais preguntamos todas as dúbidas que tiñamos como por exemplo si os cabalos son mamíferos, ovíparos,...

Ademáis o persoal da hípica era moi agradable con grandes e pequenos porque axudaron os nenos a montar nos ponis,  a darlle de comer ós cabalos, axudaron os profes a montar,...

Moitísimas grazas.


jueves, 7 de abril de 2016

Cumple de Antía

O día catro de Abril celebramos o cumple de Antía foi moi bonito porque tivemos a visita dunhos polillos que trouxo Teo e lle cantamos a canción do polillo pepe que nos canta a profe Rebeca que tanto nos gusta. Ademáis vimos que son animais domésticos, que nacen dun ovo.

Cos ovos das galiñas fanse as tartas de cumple. Mirade que tarta máis fermosa trouxo a máma de Antia que a fixeron elas as dúas e a irmá de Antia ( Alicia ).

Todos lle fixemos dibuxos, lle decoramos a coroa como unha princesa e xogamos con ela e por suposto lle cantamos o cumpleanos feliz.

FELICIDADES GUAPÍSIMA.

sábado, 2 de abril de 2016

DÍA DO AUTISMO (2 abril).

A profe Rebeca contounos dous contos moi fermosos relacionados có autismo. E tivemos con nós a Bimba. 

Todos os nenos e nenas temos unhas características y singularidades particulares. Os cans son unhos animais especiais para transmitirnos enerxía especial para cada individuo respetando as individualidades de cada neno/a atendendo así a atención a diversidade. 

O venres que celebramos este día do autismo tiñamos a nosa aula decorada con globos de cor azul que a profe Marta nos dixo que esta cor recorda òs nenos con autismo e todas as profes levaban un corazón que fixo a profe Rocio recondando a estes nenos que teñen un corazón moi especial para decirnos que son moi cariñosos.

domingo, 20 de marzo de 2016

Excursión a Indiana Bill

Os nenos/as e profes disfrutamos moitísimo da excursión xa que é unha experiencia maravillosa donde xogamos, convivimos,...
FELICES PASCUAS.

OVOS DE PASCUA COA PROFE MARÍA E CARAMELOS CO PIRATA(profe Rebeca).

A profe María de Inglés nos trouxo moitísimos ovos de pascua e coellos e os tiñamos que buscar no patio escondidos foi moi divertido.

O pirata e a serea da profe Rebeca nos trouxo moitos caramelos e foi moi divertido xogar a diversos xogos e contos có pirata.

Grazas profes foi maravilloso.

RECICLAXE DE RODAS PARA MACETEIROS.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. SI,SI,SI ESTÁ ESTUPENDO. BICOS DE CORES DE PRIMAVERA

martes, 15 de marzo de 2016

A MAMÁ DE SABELA FALANOS DE LOROPARK EN TENERIFE.

Sabela e a súa familia foron de visita a loropark en Tenerife.Viron todo tipo de animais. A mamá de Sabela ven a darnos moita información de diferentes animais que viven na terra, na auga,...

Ademáis falanos de animais mamiferos, ovíparos.Tamén de cales son domésticos,salvaxes.
Dibuxamos o animal que máis nos gustou e explicamos porque nos gustou a todos os nosos compañeiros e tivemos con nós a profe Mirta que nos axudou a facer os nosos dibuxos. 

A mamá de Sabela nos trouxo moitas adivinanzas de animais e tiñamos que adiviñar de qué animal se trataba si era un gato, un can, un galo, un caracol,...
Sabela coa axuda de Mirta nos leían a adivinanza e nós tiñamos que adiviñar de qué animal se trataba.

Moitas grazas a Sabela e a súa mamá por tanta información e por aclararnos dúbidas que tiñamos con respeto ós animais.






miércoles, 9 de marzo de 2016

A VISITA DOS DENTISTAS EN BARRO.(VILAMEÁN-AURORA-BARRO).

Hoxe día nove de Marzo os nenos e nenas de Barro convivimos con Vilameán e coa Aurora xa que viñeron os dentistas a Barro e foi moi interesante todo o que nos explicou  Noelia e Sergio. Tivemos a oportunidade de facerlles preguntas tanto grandes como pequenos xa que consideramos que a boca e fundamental coidala xa que nas nosas aulas nos cepillamos os dentes, a lingua, enxuagamos a boca,...

Fixemos diversos talleres relacionados cos dentes, coa alimentación, coa boca. Ademáis fixemos murais donde escribimos, pintamos, pegamos alimentos,.... que trataban do seguinte: QUE PASARÍA SI NON LIMPIAMOS OS DENTES. DIVERSAS PREGUNTAS OS AMIGOS DENTISTAS, OS ALIMENTOS SANS PARA COIDAR A BOCA E EVITAR ENFERMIDADES, A IMPORTANCIA DE ESTAR CONTENTOS SE COIDAMOS A NOSA BOCA.

Tamén falamos de merendar moita froita e no cole tomamos plátano. O potasio é moi bo para os dentes.

Moitas grazas de parte de todos os nenos/as, de todo o persoal educativo de Vilameán, Aurora e Barro.

Bicos de pasta de dentes de fresa,menta,...

lunes, 22 de febrero de 2016

CREARTE (convivencia de Barro,Seixo 1,Taborda).

Hoxe día 22 de febreiro estivemos convivindo Barro,Seixo 1 e Taborda en Crearte -Vilameán e foi un día moi especial porque traballamos varios talleres de cociña, papiroflexia, globoflexia, maquillaxe, elaboración de gorros de pirata  .
Ademáis as profes Mirta,Maribel,Patri, y Nuria representaron o conto de Piratas e de pantasma. Tamén a profe Rebeca cantou a canción do pirata con pata de lata.
Os nenos e nenas xogamos a piratas con espadas de globos, fixemos barcos de papel( profe Patricia), con comida(Mirta).
Asi como, animais que viven no mar como por exemplo: peces, polbos, tiburóns,...(Fixemolo con plastilina).
 Buscamos o tesoiro que estaba no areiro de Vilameán.
Moitos bicos de pirata.


lunes, 15 de febrero de 2016

A LÓXICO-MATEMÁICA A TRAVÉS DO XOGO.

Hoxe día 15 de febreiro celebramos o cumple de Mauro e lle fixemos moitos dibuxos e a coroa porque é un neno moi especial e cariñoso.
Ademáis traballamos con Mirta a lóxico-matemática e aprendemos moitísimo xa que traballamos a través do xogo a memoria, a atención, os números, as correspondencias, as sumas,...
SI,SI, ESTÁ ESTUPENDO.

viernes, 12 de febrero de 2016

DÍA DOS NAMORADOS.

 Celebramos o cumple de Alicia o xoves e o venres o de Andrés. Fixemos dibuxos para os nosos amigos de cumple. Tamén elaboramos as coroas xa que os queremos moito.
 Ademáis traballamos o día dos namorados dos amigos. Traballamos o  conto de ADIVINA CANTO TE QUERO. 
Cada amigo elixiu a outro e diciamos canto o queremos e o expresamos pintando un corazón na meixela ou na man.


viernes, 5 de febrero de 2016

O ENTROIDO EN BARRO-VILAMEÁN.

O entroido foi toda a semana do día un ó cinco de febreiro. O luns con algo na cabeza donde estivo a profe Mirta con nós e fixemos antifaces, o martes algo nos pés e nas máns, o mércores disfrazados do que quixeran os nenos e tivemos a mamá de Carla coas filloas que estabán boìsimas. Moits grazas.

O xoves con pixama e o venres foi en Vilameán donde os nenos de Barro conviviron cós de Vilameán e fixeron talleres de costura,recortado de orellas,....En definitiva fixeron os disfraces de can, gato e cabalo.
 
A profe Rebeca nos maquillou e Aurora nos axudou en todo. A profe Mónica e a profe Maribel nos deron ideas para a elaboración dos disfraces.

OS NENOS E NENAS DE BARRO E VILAMEÁN SON UNS ARTISTAS.

lunes, 1 de febrero de 2016

CUMPLEANOS DE UXÍA.


No cumple de Uxía o pasamos xenial xa que coincidia có entroido e tocaba levar algo na cabeza e lle fixemos unha coroa moi especial e dibuxos porque nos queremos moito todos.
Parabéns  e bicos de chocolate.

O DÍA DA PAZ EN BARRO E VILAMEÁN.

Disfrutamos todos moitísimo grandes e pequenos no día da paz xa que traballamos os dereitos dos animais, fixemos diversos talleres de pintura, plastilina,...
Así como a presencia da máma de Lucia que viu con una golden preciosísima chamada gala e moi tranquila que lle encanta estar na auga.( moitas grazas pola túa dedicación).
Merendamos todos xuntos, compartimos xoguetes, pinturas ,,,
Fixemos xogos no patio, xogamos no areiro con diversos materiais,...
Ademáis os nenos/as de Barro fixeronlles pombas os nenos e nenas de vilameán e as profes e a cuidadora Aurora.
Por último fixemos ioga e  contamos o conto de "Se tu mismo y nada más".
Bicos de sorriso cargados de estrelas de luz.


viernes, 22 de enero de 2016

PLANTACIÓN DE CISTUS (plantas silvestres)

Grazas de corazón pola tùa dedicación e canto aprendimos sobre a plantación de cistus.
Bicos rosados para Patricia de parte de todos.



O cachorro Bimba (Beagle) e os peixes de Uxía.

viernes, 15 de enero de 2016

O can de Teo e o avó tocando a armónica.

Grazas de corazón por vir ó cole e falarnos de Brisa á mamá de Teo e a Tiago. A cadela é preciosa é de raza un labrador.

Ademáis tamén moitas grazas o avó de Teo que nos deleitou cunhas cancións populares coa armónica. A música é unha terapia para as persoas e para os animais. 

Todos estabamos abraiados coa música da filarmónica incluída Brisa. Ademáis tocamos distintos  instrumentos musicais acompañando ó avó de Teo.