Os nenos e nenas de Barro xunto coas súas familias( pais, nais avoas, irmás,...) e a filla da profe Maribel que é licenciada en Belas Artes co Master en ilustración que se chama Miriam nos axudou moitísimo. Ela fixo diversos dibuxos pero sobre todo nós con ela fixemos os dibuxos da Patrulla Canina. Este ano traballamos o proxecto dos cans e que mellor que rematar pintando o noso protagonista que máis nos gusta nas paredes do ximnasio.
Ademáis pintamos xogos populares para xogar no recreo.
Tamén agradecer tanto Eu como a Dirección a todo o persoal e a Alcaldesa do Concello de Tomiño que nos axudaron a montar o ximnasio e a pintar os teitos, as paredes, pór no chan tarima...
Grazas de corazón a todos os participantes grandes e pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario