Esta semana festexamos na escola o aniversario de MÍA, que cumpriu 3 anos.
Moitas felicidades e moitos bicos de todos os teus compañeiros e compañeiras.
BENVIDOS Á ESCOLA DE BARRO!!!
Comezamos con moita ilusión este novo curso 2014-2015, pretendendo ter moi presente, cada día, esta tenra receita da profe María, que atopamos no taboleiro ao chegar a nosa escola.