Tanto en Barro como en Vilachán fixemos poemas de Manuel María sobre animais como por exemplo o cervo, o can, o año basados nos poemas de soños na gaiola. Ademáis fixemos o cartel das letras galegas do ano 2016 para o escenario da casa da cultura.
O último día que fumos os nenos/as de Barro a Vilachán estivemos na biblioteca de Vilachán e gustounos moitísimo xa que houbo contacontos.
Tamén xogamos no ximnasio coa profe Angeles de Vilachán e cantamos, bailamos incluídas as profes.
Grazas a todos por vosa dedicación os que cantan, tocan, e os da biblioteca de Vilachán .
No hay comentarios:
Publicar un comentario