Para celebrar o Samaín invitamos @s nen@s da escola de Vilachán a pasar un día terrorífico con nós. Empezamos a mañá calentando motores co baile dos esqueletos..."cuando el reloj, marca la una, los esqueletos salen de su tumba...tumbas por aquí, tumbas por allá, tumba tumba JA JA JA JA JA..." Despois contáronnos o conto do "Horrible Monstruo verde" e fixemos a careta para asustar os papis e mamis na casa...Que susto levaron!!! E para merendar sabedes que tomamos?? Non o ides crer....comemos arañas, pantasmas...e bebemos sangue!!! Mais tarde vimos a peli "El susto de Donald", tamén tivemos visitas sorpresa....a verdade...PASÁMOLO DE MEDO!!!
miércoles, 7 de noviembre de 2012
NÓS TAMÉN VENDIMIAMOS!!!
Como moitos de nós axudamos na casa coa vendimia, queriamos compratilo con todos os compañeiros e decidimos facer a nosa "PARTICULAR VENDIMIA". Para isto buscamos información na casa coa vosa axuda, na internete, vimos un vídeo de como se fai o viño, falamos na clase do proceso, ordenamos a secuencia de elaboración, fixemos un racimo enrugando papeis, fixemos bonecos con corchos das botellas de viño....e para rematar fixemos mosto esmagando as uvas cos pés....que ben o pasamos!!!....e sabedes unha cousa??? o mosto estaba boísimo...e iso que pensabamos que non nos ía gustar!!!
PRIMEIRA SESIÓN DE CREARTE
Como sabedes, xa asistimos á primeira sesión de CREARTE, fomos c@s nen@s de Taborda e pasámolo fenomenal: voamos en alfombra máxica, fixemos un atrapasonos, coñecimos a Don Quixote e o seu amigo barrigón Sancho Panza, vimos Os Tres Porquiños e fixemos a dramatización, bailamos, xogamos...e queremos compratilo con todos vos!!!
martes, 6 de noviembre de 2012
MAGOSTO
Para celebrar o Magosto como se merece, fomos a San Campio e pasámolo en grande: xogamos á Rá, ao paracaídas, ao escondite inglés, á zapatilla por detrás, ao limbo, á corda, bailamos....e para rematar a festa tivemos merendola, por suposto non faltaron as castañas...mmmmmmmm....que rico estaba todo, puxémonos as botas!!!!!
sábado, 3 de noviembre de 2012
CHEGOU O OUTONO A BARRO
Coa chegada do outono o noso patio encheuse de follas secas, castañas, ourizos, landras...así que puxémonos mans á obra para facer o noso mural. Mirade como traballamos!!!!
viernes, 12 de octubre de 2012
Aprendemos os números
Sabíades que o número 1 é un soldado?? e que o 5 é un policía???
Pois mirade mirade....
Benvid@s ao novo curso 2012-2013
domingo, 27 de mayo de 2012
martes, 10 de abril de 2012
domingo, 11 de marzo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)