jueves, 17 de octubre de 2013

MOITÍSIMAS GRAZAS DIEGO!!!

Hoxe veu Diego, o papi de Teo, para ensinarnos o seu camión...e sabedes que??? Subimos enriba del, manexamos o volante, vimos como baixaba a cabina para poder ver o motor, tocamos a bocina, sopramos coa pistola de aire.....encantounos, pasámolo en grande!!!! Moitísimas grazas Diego por facernos tan felices!!!
Xa sabedes papis e mamis, animádevos a compartir algo con nós, que todos temos cousas que ensinar, e somos moi agradecidos ;)))
E estas foron algunhas das nosas impresións:



SAÍDA A GOIÁN: PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ

Fai uns días que fomos a Goián, a ver unha exposición dalgúns dos cadroS do pintor goianés Antonio Fernández. 
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que os fagades unha lixeira idea do ben que o pasamos!!! ;)

COMEZO DO CURSO 2013-2014

Ola a todos e todas!!! Este ano como os anteriores iremos subindo algunhas das cousas que vamos facendo para compartilas con todos vós.
Aínda non temos foto de grupo onde aparezamos todos, pero prometemos subila en canto a fagamos, para así presentarnos e que nos coñezades todos!!!
Para ir abrindo boca os deixamos unha montaxe das fotos dos primeiros días, onde xogamos, bailamos, fixemos os carteis para os caixóns, percheiros...fabricamos os nosos mantéis para as merendas, fixemos o panel para as asambleas....e moitas cousas máis, mirade mirade!!!

jueves, 5 de septiembre de 2013

CUMPLES VERÁN

Como máis vale tarde que nunca, e antes de comezar co novo curso, aquí vos deixamos os cumples de Aarón, Noemí, Kevin, Iker, Antía e Martín. Moitisimas felicidades chicos!!!!
Como vedes a última semana de clase puxémonos ás botas con tanta festa!!!
Como sempre moitas grazas as familias por compartilo con nós e traernos eses doces tan ricos!!!!


martes, 11 de junio de 2013

CUMPLE DE ADRI

O pasado 16 de maio foi o quinto cumpreanos de Adrián, e para celebralo viñeron os seus papis o cole a celebralo con todos...e por suposto non podía faltar a tarta...mmmmmmm que pinta!!!
Felices cinco anos Adrián!!! Moitos biquiños

jueves, 9 de mayo de 2013

DÍA DA NAI

Aínda que todos os días do ano temos motivos para dicirlle as nosas mamis o que as queremos e o importantes que son para nós, como marca a tradición non queriamos pasar por alto este día tan especial.
 FELICIDADES MAMIS E GRACIAS POR SER AS MELLORES MAMIS DO MUNDO MUNDIAL!!!!


DÍA DO LIBRO

Como todos os anos o 23 de abril é o Día do Libro e que mellor maneira de  celebralo que poñéndonos na pel dos escritores e ilustradores!!!!


CUMPLE DA PROFE

Foi o cumple da profe e para celebralo puxémonos mans á obra e fixemoslle unha tarta...que por certo saíunos boísima....mirade que pinta!!!!!
Moitas felicidades profe e que cumpras moitos máis!!!!!

jueves, 11 de abril de 2013

CHEGOU A PRIMAVERA A BARRO

Xa que estamos en primavera, e como non da vido o tempo desta época, en Barro decidimos facer un collage para pór un pouco de cor nas nosas vidas e comezar a ulir esta floral estación!!!

miércoles, 10 de abril de 2013

DÍA DO PAI

Comezamos este día tan especial falando dos nosos papis, de como son,dos seus nomes, do que lles gusta facer, do que nos gusta facer con eles....e como non lles fixemos un agasalliño para recordarlles o moito que os queremos e o importantes que son para nós!!! MOITAS FELICIDADES!!!