Como sabedes estamos a traballar na aula a lingua de signos: os dias da semana, os meses do ano, as cores, os animais, cancións...e o abecedario, que aprendemos co noso amigo o Oso Traposo, aquí vos deixamos unha mostra, non é a nosa mellor actuación pero xa sabedes....son cousas do directo!!!!
miércoles, 27 de febrero de 2013
VISITA AO VIVEIRO
Fomos de visita a un viveiro e aprendimos moitisimas cousas e pasámolo moi ben....ademais nos regalaron unha planta a cada un para coidar: tivemos que plantala, regala e facerlle o noso cartel!!!!
Esperamos que nos dure moito tempo!!!
jueves, 21 de febrero de 2013
CUMPLE DE JULIA
Celebramos o quinto cumpleanos de Julia e viñeron os seus papis e o seu irmán Pablo a merendar con nós!!! Moitas gracias mami por esa tarta tan rica...e moitísimas felicidades Julia...e que cumplas moitos máis!!!
miércoles, 20 de febrero de 2013
DÍA DA PAZ
Para celebrar o día da PAZ convidamos os nenos e nenas de Vilachán e Seixo 3 a pasar a mañá connosco. O pasamos en grande bailando e cantando, facendo Pombas, pintando mandalas da Paz, e facendo o mural da Pomba Recicladora.....sabedes quen é? pois a encargada de recoller o lixo que algúns despistados tiran o mar!!!! Mirade mirade....
Moitas grazas nenos e nenas de Seixo 3 e Vilachán por compartir con nós este día, e tamén grazas ás profes Iria e Tania....esperamos que volvades pronto!!!
3ª SESIÓN DE CREARTE
Nesta sesión de CREARTE preparámonos para o Entroido. Inventamos a letra da nosa canción para o festival, fixemos gorros de cartón, creamos unha trompeta con material de refugallo,e elaboramos os complementos do MECO: un gorro, un zurrón e pulseiras e collares.
miércoles, 23 de enero de 2013
CREAMOS MANDALAS
Aquí vos deixamos un vídeo de como fixemos mandalas con servilletas....mirade que creativos somos e que ben nos quedaron!!!!
MELCHOR, GASPAR E BALTASAR
Non o ides crer.....sabedes quenes pasaron por Barro este Nadal??? Pois viñeron os Reyes....si si, OS REYES MAGOS DE ORIENTE!!!! E como fomos moi bos deixáronnos uns regaliños....canto nos gustaron!!!!
Moitas gracias Melchor, Gaspar e Baltasar, e perdonádenos por no deixarvos algo de comer, non contabamos con vós, para o ano seremos máis previsores!!!!
martes, 22 de enero de 2013
O NADAL DE BARRO
Para celebrar o Nadal preparamos un baile coa canción "La máquina de escribir" e pedimos os nosos desexos para o ano novo!!!! Para isto vestímonos de anxiños e tivemos que traballar moito para facernos as alas....buffff....que traballo nos deron!!!! Aquí vos deixamos algunhas fotos da confección do disfraz e do festival, un vídeo dun desexo da escola de Barro para o ano novo,un vídeo dun dos ensaios....e por suposto o video da gran actuación....que nervios pasamos, pero mereceu a pena porque o pasamos genial e portámonos super ben....xa somos uns chicos maiores!!!!
miércoles, 16 de enero de 2013
2ª SESIÓN DE CREARTE
Na segunda sesión de Crearte fomos cos nenos e nenas do Seixo 2 e pasámolo de marabilla: Dramatizamos o conto da Paxariña de papel, bailamos ao son do vento, e fixemos un molino e unha cometa para decorar o escenario do auditorio de Goián, para o noso festival de Nadal!!!! Mirade, mirade...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)