domingo, 14 de marzo de 2010

UN XOVES NA ESCOLA DE BARRO

Os xoves empregamos a pizarra dixital; con ela xogamos, traballamos a lectoescritura e a lóxica matemática e tamén aproveitamos un ratiño para ver unha peli.

Realizamos ademais as rutinas da aula como por a data, ver quen é o encargado, contar un conto, merendar ou xogar no patio.

Os xoves ven a profe Olga e traballamos con ela a conciencia fonolóxica.

Tamén aprendemos a facer figuras co Tangram e xogamos co miniarco co que aprendemos moitas cousas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario